Portugal combate 17 incendios graves e reactívanse os focos preto da fronteira con España

30 Xullo 2025

Portugal combate 17 incendios de alta gravidade, con miles de efectivos despregados no norte e centro do país

Imaxe de satélite Copernicus

Portugal enfróntase a unha situación crítica con 17 incendios de “gravidade elevada” activos, alimentados polas altas temperaturas e os fortes ventos que azoutan o país nos últimos días. Os lumes afectan especialmente ao norte e centro, con zonas próximas á fronteira con Galicia e Estremadura ameazadas polas chamas.

Segundo informou o comandante da Autoridade Nacional de Emerxencia e Protección Civil (ANEPC), Mário Silvestre, os incendios de Ponte da Barca e Penamacor, que anteriormente se atopaban controlados, reactiváronse nas últimas horas. En Ponte da Barca, o lume avanza pola Serra Amarela, mobilizando a 416 bombeiros, 134 medios terrestres e catro aeronaves.

O mesmo ocorre en Penamacor, preto da provincia española de Cáceres, onde o vento, que virou cara ao nordés, abriu un dos flancos do incendio. Alí traballan 399 bombeiros, 130 vehículos terrestres e cinco medios aéreos.

A situación máis preocupante, con todo, dáse en Aoura, a uns 60 quilómetros ao sur do Porto. O lume pon en risco as localidades de Castanheira, Arouca e o municipio de Mespreira. Neste punto están despregados 749 bombeiros, 257 vehículos e sete aeronaves, nun esforzo intensivo por evitar que as chamas cheguen ás zonas habitadas.

Tamén se declarou un novo incendio en Nisa, preto da raia con Estremadura, ás 15:00 horas. Foi descrito como “dominando polo vento, con altas velocidades de propagación”. Neste incendio participan 326 bombeiros, 104 medios terrestres e catro aéreos.

Ao longo da xornada, 20 persoas precisaron atención médica, entre elas 14 bombeiros, aínda que todos se atopan ben e con feridas leves, segundo confirmou o comandante Silvestre.

En total, Portugal mobilizou 3.753 bombeiros, 1.200 medios terrestres e 37 aeronaves para loitar contra os múltiples incendios que asolan especialmente o norte e centro do país, nunha das xornadas máis duras da presente campaña de incendios forestais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.