Porto do Son renova o céspede artificial do Campo de Fútbol Emilio García

11 Xullo 2025

O Concello de Porto do Son continúa na súa aposta en firme por mellorar as instalacións deportivas municipais, desta volta coa renovación do céspede artificial do Campo de Fútbol Emilio García. O investimento suma un total de 191.466 euros e contou co financiamento da Deputación da Coruña, por valor de 145.804 euros. Pola súa banda, a Administración local aportou 45.661 euros de fondos propios, nunha actuación que rematou o pasado 20 de xuño.

Así, o proxecto contemplou a instalación dun novo tapiz sintético de última xeración, así como a limpeza de quenllas e substitución de reixas do perímetro do terreo de xogo. Tamén, levouse a cabo o desmontaxe de equipamento e varanda existente, a retirada sostíbel do céspede artificial antigo, pequenas reaparicións e regulacións puntuais na actual capa de soporte aglomerado e montaxe do equipamento.

Tras o remate das obras, o alcalde, Luis Oujo, agradeceu a colaboración da Deputación nesta actuación e destacou “a continúa aposta deste equipo de goberno por seguir avanzando na modernización das nosas infraestruturas deportivas, promovendo a práctica do deporte ao aire libre e os hábitos de vida saudables. Coa renovación desta instalación deportiva dámoslle a Porto do Son e a os nosos equipos e escolas deportivas unha instalación acorde ás súas necesidades”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.