Os muradáns The Rapants animarán a VikingMusic da Romaría Viquinga de Catoira

30 Xullo 2025

A 65ª edición da Romaría Viquinga de Catoira contará este sábado 2 de agosto coa contribución musical da banda muradá The Rapants, a través do apoio da Deputación de Pontevedra e encadrándose no programa provincial +Música. A actuación terá lugar na avenida da Ponte-Estación a partir das 00:00 horas e será un dos pratos fortes da programación do VikingMusic, unha actividade cultural incluída no programa da 65ª edición da Romaría Vikinga de Catoira.

The Rapants é unha das bandas máis populares do momento, cunha proposta de indie e garage que achega frescura ao panorama musical galego con temas animados e directos enérxicos. O grupo presentará en Catoira algúns dos seus temas máis populares nun espectáculo sen complexos, con moitos riffs e bailes descarados.

O concerto de The Rapants é dunha das 78 actuacións de +Música que se celebrarán entre os meses de maio e decembro nos 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“22 de noviembre de 1963” – Manuel Domínguez

“22 de noviembre de 1963” – Manuel Domínguez

22 de noviembre 1963. Esa tarde estaba escuchando la radio, de joven muy aficionado a ello. Sobre las 09,30 de la tarde la radio da la noticia, el presidente Kennedy ha muerto. Para un jovencito de corta edad ¿Qué importancia pudiera tener esta noticia? El NO-DO, que...

“Retirada de Medallas ao Mérito no Traballo” – Antón Luaces

“Retirada de Medallas ao Mérito no Traballo” – Antón Luaces

Os galegos Pedro Barrié de la Maza, José Fariña Ferreño e José María González-Llanos figuran entre as sete persoas e unha entidade ás que o Ministerio de Traballo retirará as  Medallas ao Mérito no Traballo polos seus vínculos  ao golpe de estado fascista e...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.