O PSOE de Rianxo propón un plan municipal de inclusión infantil

11 Xullo 2025

O Grupo Municipal Socialista presentou no último pleno da Corporación local unha moción para a elaboración dun Plan Municipal de Inclusión Infantil, en palabras da agrupación “unha proposta pioneira na comarca que busca garantir a participación de todos os nenos e nenas nas actividades municipais, con independencia das súas capacidades ou necesidades específicas.

Óscar Rial, responsábel do PSOE de Rianxo

O plan proposto contempla medidas concretas para facer accesíbeis actividades culturais, deportivas, educativas e de conciliación, garantindo a igualdade de oportunidades para menores con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE) e necesidades educativas especiais (NEE). Entre as medidas que propón o Grupo Socialista inclúense: a reserva de prazas para menores con NEAE e NEE. Presenza de profesionais especializados e adaptación de ratios; axustes razoábeis nos espazos e contidos das actividades; a escolla de instalacións sen barreiras; un itinerario de entidades inclusivas; e a coordinación con entidades sociais e profesionais en diversidade funcional e inclusión.

“Esta proposta”, explican, “nace co obxectivo de construír un modelo máis xusto e igualitario, e responde á preocupación crecente das familias que atopan obstáculos para acceder aos recursos municipais”.

Desde o Grupo Socialista tamén quixeron facer unha chamada de atención sobre a situación do servizo de atención temperá, “un recurso esencial para a detección e intervención precoz de dificultades no desenvolvemento infantil”. E engaden: ” Os socialistas xa amosamos que nos parece un proxecto de interese e necesario, máis tamén que debe ser un servizo municipal de calidade, e que sexa impartido nun espazo accesíbel, a día de hoxe segue no Pazo de Rianxiño”. Anunciaron, neste punto, que van preguntar á alcaldía “que nos aclare os períodos de peche a que son debido e as alternativas que dispoñen as familias, preguntaremos como un servizo tan esencial como este peche durante as vacacións en agosto, solicitando explicación de cal vai ser o apoio a nenos/as e familias que o precisan duarante este período. Iso supón unha vulneración dos seus dereitos e unha falla de previsión por parte da administración responsábel no caso de non dispoñer de alternativa algunha”, denuncian os socialistas.

Neste sentido, subliñan “a importancia de dispoñer dun servizo de atención temperá de calidade, sen barreiras, con grupos e tempos de terapias acordes ás necesidades dos nenos/as, e favorecendo a atención en horarios non lectivos (moitas familias deben deixar de acudir ó centro educativo, para levar ó seu fillo/a a estas terapias cunha duración de 30 min, o que dificulta a relación familia/traballo) cun regulamento municipal claro, que garanta a igualdade no acceso e non exclúa a ningunha familia por criterios subxectivos, discrepancias, cuestións administrativas ou temporais”.

Ademais, lembran que a Xunta de Galicia conta cun Protocolo de Atención Temperá que establece o marco de actuación e coordinación entre servizos
sanitarios, educativos e sociais, e que o Concello debe cumprir, reforzar e adaptar á realidade local.

Un enfoque inclusivo e pioneiro

“A nosa proposta de inclusión é ambiciosa pero necesaria, e coloca ao noso Concello á vangarda da inclusión social na comarca. Queremos que todos os eventos, campamentos e actividades do Concello sexan un espazo para todas as familias, sen excepcións”, destacaron desde o Grupo Municipal Socialista.

O Plan tamén contempla a creación dun grupo técnico interdisciplinar para deseñar e avaliar as medidas, a modificación das ordenanzas municipais con vistas a incorporar o enfoque inclusivo, e a dotación orzamentaria específica nos próximos orzamentos.

Finalmente, a moción tamén insta á Xunta de Galicia e á Deputación da Coruña a crear liñas de apoio económico para os concellos que impulsen políticas de inclusión e conciliación integrais.

“Estamos propoñendo unha iniciativa pioneira, realista e necesaria, que responde a unha demanda social evidente e que sitúa aos dereitos da nenez no centro da acción política municipal.”

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...