A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, puxo en valor o traballo ao longo do tempo das mariscadoras para o desenvolvemento sostíbel das rías e a protección dos ecosistemas mariños. Así o indicou na tradicional ofrenda á Virxe do Carme e posterior homenaxe ás persoas xubiladas do mar, ambas iniciativas organizadas pola Confraría de Pescadores de Muros.
Suárez destacou “a dedicación e o esforzo destes traballadores, cuxo traballo contribúe a seren considerados parte da identidade mariñeira galega pois, ao longo da súa vida laboral, desempeñaron un traballo honesto, capaz de transformar a sociedade e de conquistar dereitos; valores que, no caso das mariscadoras, materialízanse no seu día a día, loitando contra as mareas e dende un respecto absoluto e profundo pola natureza”. Por todo isto, segundo sinalou a directora xeral, “son profesionais imprescindíbeis na economía e na cultura da comunidade autónoma”.




