O Museo do Gravado de Artes inaugura a exposición “Paisaxes celestiais e terrenais”, de Horst Thürheimer

19 Xullo 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou hoxe na inauguración da mostra Paisaxes celestiais e terrenais, que amosa o traballo do artista alemán Horst Thürheimer. Trátase dunha iniciativa que acolle o Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital ata o mes de setembro e que permite que os galegos “poidan desfrutar dunha perspectiva artística internacional de máximo nivel”.

Neste senso, durante o acto de apertura,  o representante do Goberno galego subliñou a importancia “para Galicia e a súa proxección que autores como el elixan expoñer na nosa terra” e convidou a achegarse a coñecer as paisaxes celestiais deste artista. Así mesmo,  sinalou ao Museo de Artes do Gravado como “un claro exemplo do gran papel como dinamizador cultural que ten o noso rural, na liña dos obxectivos da Lei de Cultura Inclusiva e Accesible de Galicia”.

A mostra inclúe 119 obras sobre papel, algunhas de gran formato, con técnicas como grafito, xiz ao óleo e lume sobre papel nunha exhibición que López Campos como “orixinal e novidosa, onde a destrución ten un papel tan importante como a arte da creación”.

A exposición Paisaxes celestiais e terrenais, que poderá visitarse ata o 6 de setembro no Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital, enmárcase dentro da campaña de verán Para gustos, cultura, unha iniciativa impulsada desde a Xunta de Galicia para encher o verán dunha oferta cultural diversa e de calidade que se desenvolverá en máis de 200 concellos de Galicia con máis de 3.400 actividades.

Outros artigos

Os cemiterios énchense de flores no Día de Todos os Santos

O pobo mantén viva unha tradición que conecta o presente coa lembranza dos seres queridos ausentes O Día de Todos os Santos volveu encher de cor, flores e recollemento os camposantos galegos nunha xornada marcada polo recordo e o agarimo cara a quen xa non están. A...

+

Novo número de nosa edición impresa de Código Cero

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Una desgracia peor que la de Adamuz”. José Fernández Lago

“Una desgracia peor que la de Adamuz”. José Fernández Lago

Esta, sufrida en Urda, ha sido más dura, no solo por el número de muertos y heridos, sino también porque “llueve sobre mojado”. Las palabras “inverosímil e inexplicable”, del responsable de los transportes en España, no se sostienen ante el principio que hemos...

“Fieles Difuntos”.  Manuel Dominguez III

“Fieles Difuntos”. Manuel Dominguez III

Dia dos de Noviembre, esta será tu casa. Año 985-998: La conmemoración fue instituida en Francia por el monje benedictino San Odilón, abad de Cluny, quien ordenó que en todos los monasterios de su orden se rezara por las almas de los difuntos cada 2 de noviembre. Esta...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.