O festival Viladomar homenaxea a tradición musical de Rianxo cun mural dedicado aos Rosales de Asados

13 Xullo 2025

O certame de arte urbana, que xa promoveu vinte murais, cumpriu a súa sexta edición

A memoria viva da música tradicional galega ten desde agora unha nova homenaxe no corazón de Rianxo. O artista Yoseba MP retratou aos lendarios Rosales de Asados, Xosé Romero e Maruxa Miguéns, nun mural pintado na casa da parroquia onde naceu este histórico grupo de gaitas, activo desde os anos 50.

TVG

Maruxa Miguéns foi unha auténtica pioneira da música popular, nun tempo no que a presenza feminina nos grupos de gaiteiros era practicamente inexistente. “Foi unha pioneira. Nesa época non había mulleres tocando nestas formacións”, explica Yoseba MP, quen decidiu inmortalizar aos Rosales inspirándose nunha fotografía do recoñecido Vicente Ansola. “Nada máis vela, supeño que tiña que facer un mural como se fose a portada dun disco recompilatorio da súa traxectoria”, engade o muralista.

Esta obra forma parte do festival de arte mural Viladomar de Rianxo, que desde 2018 enche de cor, memoria e creatividade os muros do municipio. En seis edicións, o festival impulsou a creación de vinte murais en distintas localizacións do concello, converténdose nun referente na promoción da arte urbana vinculada á identidade local.

Nesta edición, ademais de Yoseba MP, participan recoñecidos nomes da arte galega como Pelucas Bubbles, que destaca pola súa mestura de estilos e linguaxes visuais: “Mesturo improvisación, psicodelia, surrealismo, arquitectura, pop art…”, comenta o artista, cuxas intervencións teñen deixado pegada por medio mundo.

Tamén participaron Xoana Almar e Lúa Gándara, que interviron na antiga escola unitaria do Pazo. Para Gándara, coñecida pola súa pintura abstracta, este foi o seu primeiro mural: “A interacción co público foi marabillosa. Vén a xente, comenta, observa… Unha señora díxome: ‘aquí cada quen ve o que quere ver, é un xogo’. E entendeu perfectamente o sentido da obra”.

Desde a súa creación, o Festival Viladomar aposta por visibilizar artistas galegos contemporáneos e por conectar a arte co territorio, promovendo un diálogo entre creatividade e memoria colectiva.

Así, a parede que agora acolle a imaxe dos Rosales de Asados non só celebra a súa música, senón que tamén simboliza o compromiso de Rianxo coa súa cultura, coa súa historia e coa forza expresiva da arte urbana.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.