O Concello de Ribeira dá continuidade á ampliación dos servizos básicos en Castiñeiras

04 Xullo 2025

Proseguen os traballos de ampliación de servizos básicos na parroquia de Castiñeiras, impulsados dende o Goberno local. Sen ir máis lonxe, esta primeira semana de xullo o Concello de Ribeira adxudicou unha actuación para estender a rede de recollida de augas pluviais e nova pavimentación das rúas Revolta e Fonteseca da parroquia de Castiñeiras.

O Concello lembra que as rúas Revolta e Fonteseca presentan na actualidade un pavimento de aglomerado moi deteriorado debido principalmente ao efecto das augas superficiais sobre o mesmo. Para solucionar este problema proxéctase a instalación dunha rede de pluviais e a renovación do pavimento de ambas vías.

Na rúa Revolta instalaranse 285 m de lonxitude de tubo de PVC e estenderase unha capa de 6 cm de mestura bituminosa en quente. Na rúa Fonteseca instalaranse 80 m de lonxitude de tubo de PVC e pavimentarase cunha capa de formigón puído de 15 cm de espesor.

Na actuación da rúa Revolta demolerase parcialmente o pavimento actual, para a nova rede de pluviais farase unha escavación en gabia cunha instalación tubaxe para condución de auga pluviais, colocación de pozos de rexistro, arquetas sumidoiro e entroncamento coas redes existente. Na pavimentación acondicionarase a superficie, previo á aplicación dos pavimentos que será de capa de saburra artificial de 10 cm de espesor para finalizar co aplicación de capa final de aglomerado asfáltico, en toda a superficie.

Na rúa Fonteseca farase tamén a demolición parcial do pavimento de formigón actual e terá unha rede de pluviais de iguais características que a mencionada anteriormente.

O contrato de execución das obras do proxecto adxudicouse á empresa Excavaciones Nima, S.L., cun prezo total do contrato de 91.054,64 euros e cun prazo execución de 4 meses; financiado polo POS+ 2024.

Investimentos por valor de 551.000€ en dous anos

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, destacou que “esta actuación é un paso máis na nosa aposta decidida pola mellora das parroquias, para que conten con servizos de calidade”. A esta intervención súmanselle a outras actuacións xa executadas ou en plena execución, como a mellora da contorna da Ameixida, cun investimento de 163.000 euros ou a pavimentación da rúa Curros, dotada dun orzamento de 88.000 euros ou a renovación do paseo dos Mosqueiros con 200.000€. “Estamos investindo na parroquia de Castiñeiras máis de 551.000€ e pretendemos seguir ampliando actuacións que permitan que a veciñanza ter maior calidade de vida. Seguiremos a traballar priorizando aquilo que nos demandan os veciños e veciñas”, concluíu o alcalde.

Outros artigos

El Brujo volverá a Ribeira coa “Viaxe do monstro fero”

O Concello de Ribeira presentou este 9 de xullo os detalles da nova actuación de El Brujo en Santa Uxía. Na cita cos medios participaron a concelleira de Cultura, Antía Alberte, xunto cos técnicos de Cultura, Sara e Unai. Trátase, sinalaron, dunha nova proposta...

+

Aceites Abril reivindica as redeiras de Aguiño

No marco do seu compromiso coa posta en valor do patrimonio galego, a marca galega Aceites Abril lanzou unha nova campaña baixo o paraugas Facendo mellor ás mellores, esta vez centrada no que a empresa ourensá cualifica como “un oficio silencioso pero imprescindíbel”,...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“En defensa de Occidente” – José Antonio Constenla

“En defensa de Occidente” – José Antonio Constenla

Europa se ha vuelto un continente cansado, de sí mismo, de sus símbolos, de su pasado. Lo que alguna vez fue un faro de civilización, una sinfonía de culturas, hoy parece atrapada en la melancolía de quien ya no cree merecer su legado. El desarraigo se ha convertido...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.