O Concello de Porto do Son forma ás persoas maiores en novas tecnoloxías

17 Xullo 2025

O Concello de Porto do Son, xunto coa Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e a Fundación Amigos de Galicia, impulsa un programa de promoción e emprego das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) nas persoas maiores baixo o título @s nos@s maiores, mellor acompañad@.

Celebrarase os días 31 de xullo, e o 7, 14 e 21 de agosto de 10:00 a 12:30 horas no Club de Xubilados. As inscricións poden realizarse no departamento de Servizos Sociais, no teléfono 981 867 414 de 10:00 a 12:00 horas. Tamén se pode enviar un correo ao enderezo maria.santos.lemina@portodoson.gal.

O prazo para inscribirse vai do 14 ao 23 de xullo. Falarase de ferramentas como os caixeiros automáticos, os teléfonos móbiles, a aplicación móbil do SERGAS, a máquina de quendas e outros trámites a ter en conta na vida cotiá.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.