O Bosque Vivinte animou a Feira Medieval de Padrón e o mercadiño dominical

07 Xullo 2025

As personaxes do Bosque Vivinte animaron a mañá deste domingo 6 de xullo a Feira Medieval de Padrón e o mercadiño dominical.

Acompañados pola música de Turdión percorreron os rúas do casco histórico ante a sorpresa do público presente

Turdión e o Bosque Viviente visitan o mercadillo e o mercado medieval

Numerosas persoas percorreron durante todo o día a Feira Medieval, con máis de oitenta postos de artesanía, alimentación e obradoiros de oficios antigos.

A cativada estivo gozando cos xogos tradicionais e animouse a facer fotos cos personaxes do mercado, que a última hora da mañá se achegaron ata a praza de Baltar.

Turdión e o Bosque Viviente visitan o mercadillo e o mercado medieval

Pola tarde, o Bosque Vivinte volveu percorrer as rúas do casco histórico e houbo espectáculo de maxia infantil na praza de Macías.

Turdión e o Bosque Viviente visitan o mercadillo e o mercado medieval

Ademais, unha ruada musical puxo o colofón a esta décimo oitava edición dunha Feira Medieval que se despediu ata o vindeiro ano co peche do mercado á medianoite.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.