Novas concentracións pola mellora da sanidade en Ribeira (este xoves) e en Aguiño (o venres)

31 Xullo 2025

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública no Barbanza vaise concentrar novamente este xoves 31 de xullo ao mediodía, a partir das 12.00 no Centro de Saúde de Ribeira e este venres 1 de agosto ás 11.30 na entrada no Centro de Saúde de Aguiño. O obxectivo será reclamar, unha vez máis, a cobertura do cen por cen das prazas do persoal dos ambulatorios de Aguiño e Ribeira.

O programa da concentración inclúe a lectura de manifestos en defensa dun sistema sanitario público, universal e de calidade, que porán o foco na precariedade do servizo sanitario na comarca do Barbanza, que, segundo denuncian dende a plataforma, levan anos sufrindo falta de medios e persoal e precisan medidas urxentes da Consellería de Sanidade para emendar unha situación, de por si crítica, que se agrava estas semanas de xullo e agosto coa chegada da poboación turista.

Entre as principais queixas figuran a falta de médicos de familia, o colapso nas citas de atención primaria, a redución de servizos no hospital comarcal e a precariedade laboral do persoal sanitario. Os manifestantes tamén esixiron máis recursos para a atención á saúde mental e unha maior cobertura nos centros periféricos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.