“No rural” – Xulio Xiz

24 Xullo 2025

En tempos, todo estaba en Lugo. En Lugo había un xornal e unha emisora de radio. En Vilalba, o xornal tiña un corresponsal, que mandaba crónicas que falaban dos temas que entón eran noticiables. Parecíanos que non había nada no rural, e sen embargo en cada parroquia había un crego, un colexio con alomenos un mestre, e nalgunhas un médico. Formaban unha infraestrutura social e cultural, que daban vida ao conxunto dos veciños. Pero seguiamos pensando que toda a cultura quedaba lonxe.

Tempo despois, en Lugo había a idea de que non pasaba nada de interese. Non era verdade, pero posiblemente os intereses non coincidían coas realidades. E en Lugo comezaron a brotar libros e conferencias, películas e obras teatrais, musica e folclore… E moitas aldeas quedaron a bravo, orfas de xentes que emigraron ás cidades. E, curiosamente, baleirada boa parte do rural, parece chegado o momento de que a vida cultural floreza en lugares inéditos… e unha imprenta pode instalarse nunha aldea do Courel, un estudo de gravación nunha esquina da Terra Chá, ou unha exposición de serígrafía galega en Muras, no Mesón de Vázquez, un lugar que ata deixou de ser camiño cara a Viveiro cando se reformou a estrada que vai desde Vilalba.

Pode ser unha especial forma de xustiza distributiva, para levar ao rural a forza cultural que nas cidades ten vida difícil; equilibrio social buscando humanizar os ambientes ou, simplemente, que os humanos urbanitas por fin nos convencemos de que a natureza non é a peor compañía en tempos que se anuncian escuros. Son fabas contadas, pero principio queren as cousas, e ao mellor significa que o rural empeza a ter futuro.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.