“Miraban cara a outro lado” – José Manuel Pena

22 Xullo 2025

Corrupción e máis corrupción, na política, na empresa, na banca, na xustiza, na vida mesma. É un mal endémico, que envolve a todas as sociedades modernas, libres e democráticas. O que coñecemos, nos últimos días, a través das mafias dentro do Ministerio de Facenda, con Montoro como ministro, é algo inhumano. Mentres miles de familias pasaban necesidades, perdían as súas vivendas e tiñan que acudir a entidades benéficas, un grupo de desvergonzados enriquecíanse e beneficiaban a unhas cantas grandes empresas.

Non resulta estraño, que a dereita política, nunca estea a favor de incrementar os impostos, nin de maneira extraordinaria ou excepcional, ás grandes empresas eléctricas, gasistas e financeiras. Si traballaron, como se está demostrando, durante anos para elas, no canto de preocuparse de xestionar o público para beneficio da cidadanía e dedicáronse a incrementar os millonarios beneficios desas grandes empresas, a cambio de comisións. Era un segredo a voces, pero ninguén tiña a valentía de denuncialo.

Centenares de familias, en España, desde o ano 2008 sufrían problemas hipotecarios coas súas respectivas entidades financeiras. Ninguén lles axudaba, o Goberno da dereita dicía que era un problema particular, entre a familia e o banco, polo incumprimento do asinado na hipoteca. Non lles preocupaba que houbese miles de desafiuzamentos de vivendas habituais e que quedasen coa débeda, sen ter dereito á dación en pago. Miraban para outro lado, mentres se suicidaban decenas de persoas a causas deses desaloxos inxustos, insolidarios e ilegais en moito casos.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.