Mércores 23, mellora progresiva con ceos abertos e suba da temperatura na costa

22 Xullo 2025

A partir deste mércores, Galicia comezará a recuperar lentamente a influencia das altas presións, con ventos de compoñente norte marcando a circulación atmosférica.

Durante a mañá, agárdase maior presenza de nubes, especialmente no terzo norte. Co paso das horas, os ceos abriranse progresivamente, sobre todo na comarca e na metade sur, onde predominará o tempo máis despexado.

As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso (24-28 graos). Os ventos soprarán do norte, frouxos pola mañá e aumentando a moderados pola tarde, especialmente nas zonas costeiras.

meteogalicia

O noso mar: Vento do norte á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 2 a 3 á mañá, 4 a 6 á tarde e 4 a 5 á noite. Mar ovellado á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 1.5 metros á mañá, 2 a 2.5 metros á tarde e 1.5 a 2 metros á noite.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...