Julio Vilches presenta en Ribeira o seu libro “Sálvora, diario de un farero”

21 Xullo 2025

O encontro terá lugar este martes 22 ás 19.30 horas no Lustres Rivas, da man da asociación Illa de Rúa e co apoio das concellarías de Turismo e Mar

O farero Julio Vilches, quen durante 40 anos residiu na illa de Sálvora e estivo ao cargo do seu faro, presentará este martes 22 de xullo en Ribeira o seu libro Sálvora, diario de un farero, unha publicación na que recolle as súas vivencias e reflexións tras décadas de soidade, natureza e mar.

O acto celebrarase ás 19.30 horas no auditorio Lustres Rivas, e está promovido pola asociación Illa de Rúa, coa colaboración das concellarías de Turismo e Mar do Concello de Ribeira. Acompañando ao autor estarán o presidente da asociación, Dani González, e o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes.

Durante a presentación, os asistentes poderán escoitar en primeira persoa o relato de Vilches sobre a vida no faro, o día a día nun enclave illado e cheo de historia, e os episodios que marcaron a súa longa estadía na illa.

O libro está dispoñible exclusivamente a través de internet, polo que esta será unha ocasión especial para coñecer máis de preto a figura do farero e o contido da súa obra.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.