Gran éxito de público e participación na XX edición de “Muros Mira ao Mar”

06 Xullo 2025

A vila de Muros celebrou con gran éxito de público e participación a vixésima edición das xornadas Muros Mira ao Mar, un evento xa consolidado no calendario cultural e turístico da comarca, que rende homenaxe á tradición mariñeira do municipio.

A alcaldesa de Muros, María Lago, destacou o orgullo que supón para o municipio acoller esta celebración: “A esencia destas xornadas é o noso orgullo como vila mariñeira, dando a coñecer a nosa cultura e poñendo en valor o mar, que é o noso ben máis prezado”.

Lago tamén quixo agradecer “a implicación da veciñanza e do tecido asociativo nesta festa, que non sería posible sen a súa colaboración e entusiasmo”.

Como broche final á programación, esta noite celebrarase o Festival Folclórico, que contará coa actuación da Agrupación Folclórica Ximiela, a Asociación Cultural Ponte Vella, o Grupo de Música Tradicional de Outes, As Carameleiras do Tremuzo e a Asociación Cultural Princesa Dácil.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.