“Galicia coida positivo o recurso do Estado contra o veto do palangre demersal” – Antón Luaces

24 Xullo 2025

O recurso do Goberno contra a sentenza que avala o veto ao palangre demersal en 87 zonas do Atlántico nororiental é considerado pola Xunta coma unha apertura de portas á participación da comunidade autónoma no procedemento -no que xa traballan os servizos xurídicos galegos- co obxectivo de aportar información de carácter técnico que permita reforzar as posibilidades de éxito do devandito recurso.

Por primeira vez, a conselleira do Mar concorda co Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación en que o paso dado por este organismo “permite seguir defendendo os intereses da nosa frota como vimos facendo ata o de agora”.

Compre lembrar que os Estados membros da UE son demandantes “privilexiados” nos recursos contra sentenzas do Tribunal Xeral que se circunscriban a motivos de dereito, coma é o caso. 

Como xa informou este xornal, o Goberno  anunciou recurso contra a sentenza do Tribunal Xeral da UE que avalou o veto da Comisión Europea ao palangre demersal en 87 zonas do Atlántico Nororiental, o que a conselleira do Mar, Marta Villaverde,  valorou “moi positivamente”. É unha vía que mantén vivo o proceso xudicial mentres se traballa no ámbito técnico e político porque a Xunta non comparte a antedita sentenza debido a que  o palangre é unha modalidade de pesca das máis selectivas e sostibles cunha limitada afectación nos Ecosistemas Mariños Vulnerables.

O Tribunal Xeral da UE desestimou o pasado mes de xuño os recursos interportos polo Goberno central e pola OPP de Burela a máis 16 compañías armadoras propietarias de 21 buques afectados, recursos nos que tamén participou a Xunta, contra o veto. Unha medida motivada pola Comisión pola existencia dos ecosistemas (EMV). 

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.