“Financiamento e menores” – José Manuel Pena

18 Xullo 2025

En determinadas cuestións, os actuais gobernantes da Xunta de Galicia non están á altura das circunstancias. No asunto sobre a necesidade de dispoñer dun financiamento singular ou propio, como están a loitar desde Euskadi e Catalunya, a Xunta se embarra poñendo por diante os intereses partidistas por encima da dignidade dos galegos. Desde a Xunta de Galicia, critican ao gobernos vasco e catalán por defender os intereses económicos da Comunidade Autónoma, buscando o benestar dos seus cidadáns. Para iso, negociando e dialogando co goberno central.

En Galicia, tanto o presidente como os conselleiros adícanse a poñer paus nas rodas, a insultar e criticar todas as xestións do goberno central, pechando calquera porta ao diálogo. Galicia, necesita un financiamento singular e para iso hai que ser valente e decididos para lograr os obxectivos. Os vascos e catalás, demostrárono sempre, saben loitar polos seus intereses e autogoberno como pobos e os galegos pouco aprendemos diso.

Por outra banda, a Xunta de Galicia atópase poñendo molestias para acoller a un número determinados de menores migrantes non acompañados, que se atopan acinados en Canarias así como en Ceuta e Melilla. A confrontación é o seu aceno de identidade, a pesar de que estamos a falar de persoas e de menores de idade. Porqué, para a Xunta de Galicia, a solidariedade ten a cor da cara ou o pelo, se son louros e brancos, acollémolos; se son de pelo escuro e negros desprezámolos. Moi lamentable.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.