“Falar por non estar calado ou en boca pechada non entran moscas?. Antón Luaces

12 Xullo 2025

Non son os actuais tempos de abrirmos gratuitamente a boca, máis o certo é que hoxe en día  son cada vez máis as bocas que se abren para non diciren nada coherente ou para non permitiren ao contrario ir máis aló dunha exposición máis ou menos ben formada sobre tal ou cal asunto, sen poder afondar abondo sobre o que se pretende opinar. Todo superficial, como non querendo sentar cátedra, cando o que se pretende realmente é facer que prevaleza o que un opina.

E malia todo, resulta cada vez maior o número de persoas que brincan dun a outro concepto sen reparar no que realmente se dí ou en se o que se fala terma efectivamente do que o dito significa.

O falar non ten cancelas?.

Disque non.

Ou sí?.

Estes días todos falamos, todos opinamos en materia política. E a falta, en ocasións, de argumentos que reforcen as nosas teorías, optamos por botar man daqueles outros que semellan reafirmar a formulación propia, como se o dito por nós non servira de base a calquera outra exposición.

Que é o que nos impide,  verdadeiramente, dar forma ao noso pensamento?. Aínda conservamos o medo a expresar con liberdade o que libremente  pensamos?…

Tan  castrados nos deixou o franquismo, tan pouco valoramos o aprendido nos últimos 50 anos?…

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.