Desde este venres 10 de xullo e ata o vindeiro 17 de agosto, a Fachada Marítima de Porto do Son acollerá unha nova edición da Feira de Artesanía e Gastronomía.
Así, o paseo marítimo encherase de cor, tradición e creatividade onde as persoas artesás de Galicia, e doutras comunidades autónomas, ofrecerán pezas únicas feitas a man.
As persoas visitantes poderán visitas os postos instalados que dispoñerán de distintos produtos e temáticas, tales como cerámica, coiro, xoiería, téxtil, produtos naturais ou deliciosa gastronomía, entre outros.




