Entrega da XVI Edición do Premio Rosalía de Castro de Lingua da Deputación

18 Xullo 2025

.A Deputación fixo entrega esta tarde do XVI Premio Rosalía de Castro, convocado pola área de lingua da entidade provincial para recoñecer iniciativas, traballos e traxectorias comprometidas coa promoción e dignificación da lingua galega. Xosé Ramón Freixeiro Mato; Ponte nas ondas! e os proxectos CeibaRimas e Galego para peques foron os premiados, que recolleron os galardóns da man da deputada de lingua, Sol Agra, nun acto que contou tamén coa actuación musical de Faia.


A deputada salientou o traballo de todas as propostas premiadas, que “son parte, orgullo, manteñen o facho aceso, non se renden ás estatísticas nin ao pesimismo, e pertencen aos miles de persoas que son conscientes da importancia que ten actuar cando todo se pon en pon en contra”. “E para iso”, engadiu, “naceron estes premios, para visibilizar, para dar a coñecer, para apoiar tamén economicamente, porque todo é pouco para gratificar o traballo que facedes pola nosa cultura e identidade, e ese é o noso compromiso mentres formemos parte desta institución que non pode lexislar”.

Sol Agra agradeceu o traballo dos premiados e premiadas, afirmando que é “un  orgullo premiarvos, porque vos sodes un premio para todas as persoas que amamos a nosa lingua. O voso traballo énchenos de esperanza e de gratitude; porque o voso esforzo, a vosa dedicación, a vosa defensa do noso ben máis prezado como nación, é para nós unha referencia, motivo de alegría e celebración”. Posteriormente fixo entrega dos galardóns, unha obra orixinal de María Maquieira inspirada na fotografía de Rosalía de Castro realizada por María Cardarelly. As láminas levan o seu certificado de autenticidade pola volta e foron enmarcadas pola Asociación de apoio a persoas con problemas de saúde Mental A Creba.

O xurado, composto polas persoas premiadas o ano anterior, Pilar García Negro; Arcadio González, do Aquí tamén se fala e Mariló Candedo, da Nova Escola Galega e a técnica de normalización lingüística da Deputación Dores Sánchez, que actuou como secretaria no xurado, premiou ao filólogo e catedrático emérito Xosé Ramón Freixeiro Mato, na categoría A, para persoas; a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas ondas!, na categoría B, para entidades, e os proxectos CeibaRimas e Galego para peques, galardoados ‘ex aequo’ na categoría C, a das iniciativas de dinamización para a poboación de menor idade, que reciben un premio de 5.000€ nun certame ao que concorreron 32 candidaturas.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.