O Concello de Rianxo promove un novo curso preparatorio para facilitar á cidadanía a obtención do graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) destinado a persoas adultas. O prazo de inscrición estará aberto ata o 16 de agosto. Entre os requisitos para as persoas interesadas figuran os seguintes: teren 18 anos, contaren con Graduado Escolar ou teren superado o 2º curso de ESO. Quen precise máis información tena ao seu dispor nos teléfonos 881 987 471 e 881 862 225 de 10:00 a 13:00 horas.




