El Brujo volverá a Ribeira coa “Viaxe do monstro fero”

09 Xullo 2025

O Concello de Ribeira presentou este 9 de xullo os detalles da nova actuación de El Brujo en Santa Uxía. Na cita cos medios participaron a concelleira de Cultura, Antía Alberte, xunto cos técnicos de Cultura, Sara e Unai. Trátase, sinalaron, dunha nova proposta escénica para o outono no Auditorio de Ribeira froito das colaboracións con promotoras que “nos fan achegar á nosa cidade os mellores espectáculos da escena galega e tamén nacional” puntualizou a concelleira.

Alberte lembrou, que no ano pasado uns meses despois da inauguración do novo Auditorio “acollemos nestas instalacións un dos espectáculos de Rafael Álvarez, El Brujo, conseguindo un aforo completo e unha gran acollida que fixo que o mesmo artista manifestara o seu interese e intención por volver á nosa cidade”.

Un ano despois daquela actuación, engadiu, “volveremos gozar coa magnífica interpretación deste artista”.

Rafael Álvarez, El Brujo, estará no auditorio o 18 de outubro de 2025 ás 20:00 horas para presentar o seu espectáculo titulado El viaje del Monstruo Fiero.

Nesta proposta, o actor cordobés refunde os seus últimos catro espectáculos nunha divertida comedia onde rende homenaxe a intérpretes do Século de Ouro. Sobre o escenario, acompañado pola música en directo de Javier Alejano, o artista presentará diversos textos de Lope de Vega, Quevedo, Cervantes, Shakespeare ou Santa Teresa.

As entradas para este espectáculo poranse á venda dende o vindeiro luns 14 de xullo ás nove da mañá, podendo mercarse online a través de ataquilla.com ou de xeito presencial na oficina de atención cidad de luns a venres para facilitar a compra a aquelas persoas que non manexan as novas tecnoloxías.

O prezo da entrada quedou fixado en 20 euros (máis gastos de xestión de Ataquilla) para as butacas xerais, e en 18 euros (máis gastos de xestión) para as butacas que denominamos de baixa visibilidade que son a primeira fila e os balcóns superiores.

Antía Alberte rematou sinalando que “nas vindeiras datas continuaremos anunciando máis propostas para o outono no Auditorio xa para ir deseñando unha axenda completa e con programación variada”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.