Os bombeiros do Parque Provincial de Ribeira foron requiridos na tarde deste pasado luns 29 de xullo por un accidente con dúas persoas feridas Aguiño, no concello de Ribeira, concretamente no cruzamento entre as rúas Xunqueira e Muralla. Non houbo atrapados.
No operativo participaron persoal do 061, Policía Local e Protección Civil de Ribeira.




