“Do cupo separatista a medrar xuntos na diversidade”. Antón Luaces

28 Xullo 2025

É posible que teñamos un acordo xeral en España polo que os partidos de Goberno (hoxe en día PP e PSOE) con ou sen apoios doutras forzas minoritarias cheguen a entender verdaderamente o que significa autogoberno, goberno autonómico e financiamento singular?. 

A pregunta, sinxela, semella non atopar unha resposta axeitada segundo a circunstancia de cada quen. Polo menos é o que un tira do que, especialmente dos citados dous partidos políticos, sempre na lea e nunca en acordo para a gobernabilidade nas comunidades autónomas en función dos intereses que a estas acaen.

Un dos últimos enfrontamentos entre PP e PSOE derívase do financiamento singular en  Cataluña con cuxa formalización non concordan xa non estes partidos se non  os propios

nacionalistas cataláns, sendo o máis chamativo que na actualidade é o PP quen máis semella achegarse ao catalanismo para resolveren os seus problemas e, como dixo Núñez Feijoo, medrar “xuntos desde a diversidade” porque, segundo o presidente do PP, “o cupo separatista” non serve nen para o financiamento dos servizos públicos en Cataluña senón aos “separatistas”.

Para o líder dos populares, o financiamento singular “financia ao separatismo” e aos que “queren manterse no poder” co que non lles pertence. Malia todo, Feijoo chegou máis aló, facendo un chamado aos cataláns para “medrar xuntos e volver a recoñecernos na diversidade”.

E será, ou?. Porque tamén pode ser que para o PP Catalunya é un territorio fundamental para tentar acadar a Moncloa cunha marxe de crecemento electoral abonda e onde resulta importante recurtar as distancias co PSC.

A de Feijoo é, agora, unha formulación que apunta a un discurso diferente: ofrécese como antes de agora nunca o fixera, para “prosperar xuntos”. Con “separatistas?”.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.