“De veraneo” – Xulio Xiz

30 Xullo 2025

Levo medio século veraneando en Miño. Aínda non naceran os fillos cando comezamos a vir a esta prolongación de Lugo que resultaba ser a praia máis próxima e coa mellor estrada. Os lucenses eramos maioría absoluta, as nosas matrículas enchían os aparcamentos, e non se daba un paso sen tropezar con xentes que nos facían sentir na casa.

Alugábamos cuchitriles a prezos europeos, mercamos pisos pagados con hipotecas en tempos nos que os bancos regateaban o diñeiro, e os nosos fillos aprenderon a querer unha das mellores praias do país, que os fidelizou de por vida.

Os miñenses vían o turismo lucense como un mal menor, que rompía a sacrosanta paz do lugar, pero o paso do tempo logrou unha convivencia tolerante, a que se incorporaron as novas xeracións.

E de repente notamos que faltan lucenses. Moitos. Que están cambiando os costumes. Que o turismo de alugueiro reduciuse, quizais porque hoxe chegar desde Lugo leva menos dunha hora, e os custos se reducen notablemente. Os atractivos da costa lucense quedan na actualidade moito máis preto do centro da provincia, e o veraneo no rural ten cada vez máis atractivos.

Neste medio século Miño seguiu tendo unha das mellores praias do país, melloraron os servizos, trazáronse camiños para coñecer espazos naturais e fixéronse paseos que completan unha oferta turística de primeira orde. E, sen embargo os lucenses, deixamos de ter a Miño por norte do verán. O que non puido o ambiente pouco receptivo do comezo, os custos, o tempo… pódeo o cambio de costumes, a variedade de atractivos, a fugacidade das visitas turísticas. Hai menos agobios multitudinarios. Pero perdemos ambiente lucense nun lugar que sempre foi noso.

Outros artigos

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

+

“Cazar grallas para vencer ao demo”. Xosé Antonio López Silva

En xaneiro morreu en Barcelona, aos 93 anos, José Martínez de Sousa, a máis alta autoridade na ortografía, a tipografía e a corrección editorial en castelán. Era do Rosal, abeirado ao Miño. Orfo de cativo, formouse como tipógrafo entre chumbos e caixas de tipos dende...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A Ribeira Sacra tiene que esperar” – José Castro López

“A Ribeira Sacra tiene que esperar” – José Castro López

A Ribeira Sacra no necesita un reconocimiento oficial para demostrar su grandeza. Basta recorrer los cañones del Miño y del Sil, contemplar los viñedos que desafían la gravedad en las laderas o detenerse en una iglesia o monasterio románico para comprender que este...

“Carta a Fernando Ónega”. Alberto Barciela

“Carta a Fernando Ónega”. Alberto Barciela

Querido Fernando, maestro: Carta te escribo. Es agosto y es Galicia. Te echo de menos, pero sé que estás aquí, en el mundo de la magia y de las evocaciones, entre las nieblas matinales y el sol de las Rías Baixas, quizás en mi imaginación te sitúe en el Bar Inglés del...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.