“Dar a batalla: a patronal da pesca galega, contra o recorte do FEMPA” – Antón Luaces

18 Xullo 2025

É mais que preocupante  o recorte que propón Bruxelas para os fondos europeos de pesca. E sabendo que a patronal galega do sector pesqueiro e o goberno de Galicia están decididos a plantarse diante da decisión de recortar o Fondo Marítimo, da Pesca e a Acuicultura (Fempa) é a propia patronal a que formula a necesidade de “dar a batalla” ante o anunciado descenso do 67% deste Fondo (máis de 4.000 millóns de euros) que formula Bruxelas para o período 2028-2034, pasando duns 6.110 millóns do anterior período a só 2.000. Un descenso inxustificado e inxustificable contra o que a Consellería do Mar está decidida a “loitar”, porque o recorte é “preocupante” e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) non concorda con estes bosquexos.

O novo Marco Financeiro Plurianual (MFP) da Unión Europea fusionará distintos programas. Entre estes os relacionados coa agricultura, a cohesión e o desenvolvemento rexional. O actual Fempoa, que dispón dunha dotación de 6.100 millóns de euros entre os anos 2021 e 2027 é consecuencia do recorte de 105 millóns na última revisión orzamentaria. Mais agora a Comisión limita a asignación específica para a pesca a só 2.000 millóns de euros, malia que o orzamento xeral da UE se incrementara de 1,2 a 2 millóns de euros.

Perante esta situación, o ministro español de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, afirmou este xoves que “España non pode aceptar a proposta inicial de PAC e de fondos de  pesca da Comisión  Europea. Mantén, polo tanto, os fondos actuais entendemos estes como un “instrumento de apoio integral e como unha dotación que permita a agricultores e gandeiros realizar dignamente o seu traballo e, de igual xeito, aos nosos pescadores”.

Expresións polo tanto de sorpresa e rexeitamento  a esta proposta cun lixeiro ton de esperanza na posibilidade de manter os fondos actuais coma un apoio integral e unha dotación que permita a agricultores e gandeiros facer dignamente o seu traballo  e, de igual xeito, aos nosos pescadores”. Expresou a súa preocupación polas decisións que está a tomar a Comisión Europea en relación co sector primario nos últimos anos.

A circunstancia é tal que a consellería do Mar da Xunta, nun encontro coa Comisión Mar-Industria da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) abordou a necesidade de artellar unha resposta conxunta ante a proposta da Comisión de Europa. A conselleira Marta Villaverde falou de “preocupación” polas decisións da CE e explorar accións técnicas e políticas para impedir que prospere este cambio nos próximos orzamentos comunitarios. Galicia quere evitar que a pesca deixe de contar cun fondo propio e específico como ferramenta imprescindible para afrontar os retos actuais do sector.         

O Parlamento Europeo ten, en calquera caso, a última palabra.

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.