Se contaran e anotaran os roubos sacrílegos perpetrados nos últimos séculos deberían
posuír unha extensa libreta de dimensións considerables, tan grandes como a listaxe dos
nomes, dos topónimos e dos obxectos. E, quen rouba ou para quen rouba? Hai quen rouba
o perdón, o poder de indulxencia, a benevolencia e a tolerancia. Eles, os que rouban son os
máis miserables de todos, os que nunca sairán do charco lodo.
Son milleiros de casos vergoñentos, inútiles episodios que dan a risa. Son milleiros de homes
que traballan, que volven a traballar e seguen traballando, mentres o mundo vai pitando,
seguindo o ritmo, regular e harmónico, ao son dos promotores da miseria e da indignidade
na política, nos clubs de alterne, nas parroquias e mesmo nos despachos que paga o pobo,
en nome da súa soberanía.
Os roubos sacrílegos dobregáronlle a mirada aos confiados na honestidade colectiva. A
prensa daba nota, cada ano e con frecuencia, dos saqueos das catedrais, daquelas mulleres
que trepaban espidas con cordas de nailon, por escadas lixeiras ou que coñecían as portas
traseiras para chegar xusto ao punto exacto. Aquí, en Galicia, temos aínda na memoria o
caso do Códice Calixtino.
Temos cerca o retrato do electricista, do deán daquela época recente, do xuíz experto e
promotor audiovisual, da devolución do libro ao seu sitio, dos milleiros de páxinas
xornalísticas ben escritas e de todos os falares nos distintos altofalantes. En 1975
produciuse o cuarto roubo que sufrira a Catedral de Toledo no último século e, segundo
informacións reflectidas na prensa, en 1976, desapareceron catro cadros de Morais e un
Tiziano da Catedral de Salamanca .
Un importante número de cruces, cálices e libros góticos desapareceron da Catedral de
Burgos a finais da década dos setenta. Na mesma época roubáronlle as xoias á Virxe de
Fuensanta de Murcia e as alfaias da imaxe da Dolorosa da Catedral de Ciudad Real. Onde
estarán estes bens?
E onde estará A Magna de Samos, aquela cruz enorme de prata que, xunto con outros
enseres, roubaron a noite do 24 de xaneiro de 1873? Félix López Arias, despois das pescudas
no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, deu coa data na que se produciu o roubo. A Tía
Manuela pensa que o ladrón ou a ladroa coñecían os andares.
“José María Fonseca Moretón, el vino como bandera y Galicia en el corazón”. Javier García Sánchez
Los caldos gallegos alcanzaron en él la máximadimensión mundial llegando a mercadosinsospechados. Solo a un genio como él se le pudo ocurrirconvocar un concurso de cartelismo para dar aconocer el caldo que contienen las botellas deTerras Gauda. De este modo evocaba a...



