Comeza a conta atrás para a apertura de portas da Rianxo Gaming, este 5 de xullo

01 Xullo 2025

O 5 de xullo, ao longo de toda a xornada, desenvolverase a terceira edición do Rianxo Gaming, a feira de videoxogos de Rianxo, no Campo de Arriba (praza de Castelao). A feira inclúe múltiples actividades de xogo libre, mostra de xogos retro, arcades, tendas, xantar e torneos de Mario Kart, Brawl Stars, EA Sports FC e Smash Bros, e coa novidade dos xogos de mesa e o torneo de cartas coleccionábeis de Pokémon TCG.

O punto musical virá da man de Gallos del Norte e da Banda de Música Vila de Cedeira, co concerto Are you ready to play? ás 22.30 h.

As inscricións para participar en Rianxo Gaming poden formalizarse na Rede.

O evento está organizado e patrocinado polo Concello de Rianxo e a produción de Lua Gaming. Participan Faneka Gming, Gallos del Norte, Counter Slime, Volvemos a Primera producciones, Astora Comics, Sol Maya, Beest ·D Galicia, Vella Escola Cultura Urbana, Recuncho Gamer, A Moreniña e a Banda de Música Vila de Cedeira.

Patrocinan ou colaboran Xanela, Creade Impresión Digital, Fibra Rianxo, Librería Cándido, Ramón y Óscar Tubío, Rent Galicia Inmobiliaria, Kiosco José Ramón e a Escola de Música de Rianxo.

Máis detalles do programa

O programa de actividades inclúe unha zona retro gaming, unha zona arcade, unha zona PC, unha zona de Realidade Virtual, unha zona de música e movemento, xogos de mesa e obradoiros de iniciación ao universo Pokémon TCG e One Piece TCG. Tamén haberá torneos (de Super Smash Bros Ultimate, de Pokémon TCG, de Mario Kart 8, de Brawl Stars, de EA Sports FC 25, etc), unha emisión en directo no programa Recuncho Gamer (ás 12.30 horas do 5 de xullo), unha mostra de freestyle cos Gallos del Norte e, como dixemos, un concerto coa Banda de Música Vila de Cedeira (Are you ready to play?) a xeito de colofón do programa de actividades.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.