O Concello de Boiro será o anfitrión o vindeiro 13 de xullo na XXXIX edición da conmemoración da Traslatio e que partirá ás 16.30 horas do Náutico de Boiro-Marina Cabo de Cruz. O alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Turismo, María Outeiral, participaron este xoves 10 de xullo na presentación xunto con Javier Sánchez, presidente da Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla.
Ás 16.00 horas desenvolverase nas novas instalacións do Club Náutico de Boiro – Marina Cabo de Cruz, o acto institucional para logo, ás 16.30 horas realizar a saída dos barcos cara Padrón, a onde se fará unha visita á Igrexa e ás 18.30 será o regreso a Boiro con chegada prevista ás 20.00 horas.
O Concello de Boiro habilita un catamarán para todas aquelas persoas que desexen participar nesta actividade. As inscricións poden facerse mediante o teléfono 644 37 57 09.




