“Amnesia” – Xulio Xiz

01 Xullo 2025

Nos albores da democracia os gobernantes sabían que asfaltados e bacheados, electrificacións ou telefonía producían os votos para a permanencia no poder, ou fomentaban alternancias. Poucos valoraban a cultura como movemento de vontades, ata que á alcaldía de Ribadeo chegou Eduardo Gutiérrez que desde a Asociación Francisco Lanza gañara a praza. Os criterios foron cambiando, especialmente co baleiro do rural, que era onde máis influían estes servizos, e agora non é doado saber por onde van os tiros, aínda que que os políticos seguro coñecen a agulla de marear.

Na capital lucense, o BNG goberna temas municipais vitais, e unha das cartas importantes son as obras precisas para facer as rúas máis agarimosas para os viandantes, sobre todo desde que comezamos a ver a luz ao final do túnel e só quedan os retoques para non ter que seguir esnaquizando rúas. Cando remate a obra, hai o perigo de que os lucenses aceptemos o resultado da nova situación, esquecendo esforzos, de acordo con esa sorte de amnesia que sufrimos en relación con determinados temas, feitos e persoas.

Se un xeneral romano foi quen de convencer ás súas tropas de que en Galicia non existía un Río do Esquecemento, chamando desde a outra beira aos soldados polos seus nomes, parece como se en Lugo a poderosa corrente do Miño fixese que moitas cousas se esquecesen co paso co tempo.

Agora mesmo, todos sabemos quen impulsa as obras, e a elas dedica os maiores esforzos. Pero está esa perigosa amnesia que xa fai difícil lembrar que alcalde impulsou a peonalización de boa parte do casco antigo, ou mesmo os nomes dos rexedores lucenses dos últimos corenta anos.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...