“A Xunta outorga á Princesa de Asturias a medalla de Ouro de Galicia” – Antón Luaces

08 Xullo 2025

O vindeiro día 14 de xullo e  cadrando co remate da súa formación na Escola Naval Militar de Marín, a Princesa de Asturias, Leonor de Borbón e Ortiz, recibirá a Medalla de Ouro de Galicia, distinción coa que a Xunta recoñece “o vínculo” da Princesa con Galicia, após un ano de formación na citada Escola Naval da filla maior dos Reis de España.

O acto celebraráse en Santiago de Compostela.

O presidente do goberno galego, Alfonso Rueda,  defende esta decisión do seu Executivo polo “sinxelo agarimo” que está “seguro” que “a maioría do pobo galego” sente pola herdeira da Coroa española, valorando a “pegada” da presenza de Leonor  de Borbón nesta comunidade autónoma e a “relación” coa mesma da Casa Real, así como a vinculación da mesma á tradición mariñeira.

As Medallas de Ouro de Galicia son o máximo recoñecemento que o Executivo autonómico entrega a persoeiros, colectivos e institucións polos seus méritos ao servizo da comunidade en calquera eido da vida social, cultural ou mesmo económico. Eis o motivo polo que o BNG -principal partido da oposición en Galicia – reproba a decisión da Xunta e insiste en que esta medalla “debe honrar a persoas e institucións” en función dos seus “méritos ao servizo de Galicia” que, segundo os nacionalistas galegos, non cumple “ninguén na monarquía española”.

 Talvez a oposición do BNG a este recoñecemento estea xustificada, tendo en conta que o feito de ter compartido en Galicia a Princesa apenas seis meses de estudos non semella aportar -nen a ela nen a Galicia- méritos dabondo que xustifiquen tal distinción, por máis que a Xunta tente avalar a decisión adoptada esta semana aproveitando que dona Leonor de Borbón permanecerá unhas horas máis en Galicia, onde sen dúbida terá adquiridas experiencias que, sempre que as lembre, darán á Princesa memoria desta terra. Máis que falar dos seus merecementos perdoais, penso nos que xustifican ou poidan xustificar a futuro a negación de outorgar a mesma distinción a persoas ou institucións con outros méritos a valorar sen detrimento dos que acaen ou acaian á futura Raíña de España.

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.