A Xunta colabora nunha experiencia interactiva para explorar o fondo mariño do Parque Nacional das Illas Atlánticas grazas á realidade virtual

06 Xullo 2025

A Xunta colabora un ano máis nunha experiencia interactiva a través da cal os visitantes do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia poderán gozar este verán de paseos virtuais baixo o mar grazas á realidade virtual. Deste xeito, terán a oportunidade de coñecer en profundidade a fauna e a flora que agochan os fondos deste espazo natural.

As actividades comezaron esta semana na illa de Ons, pero desenvolverase en distintas datas de xullo e agosto nos catro arquipélagos que integran o parque nacional. Concretamente, as persoas interesadas poderán gozar da experiencia O mar en 360º na illa de Cortegada esta fin de semana, con pases previstos para o sábado pola mañá e o domingo pola tarde; en Ons os vindeiros días 16 e 17; en Sálvora o 23 e 24 de xullo; e en Cíes, o 30 e 31 de xullo e o 5, 6 e 7 de agosto.

Este será o segundo ano que se poña á disposición dos visitantes das Illas Atlánticas esta iniciativa —tras a experiencia de 2023—, de carácter totalmente gratuíto e que require de inscrición previa presencial o mesmo día da visita nas correspondentes illas.

A todos os participantes facilitaráselles gafas de realidade virtual para poder gozar en primeira persoa dunha experiencia de inmersión no mundo submarino sen necesidade de meterse na auga.

Ademais, o paseo irá acompañado dos comentarios dunha especialista que axudará a interpretar en tempo real as imaxes e achegará información sobre a riqueza, biodiversidade e características dos fondos das Illas Atlánticas e a importancia de garantir a súa conservación. Así mesmo, a actividade complementarase cunha exposición de fotografías e infografías do medio mariño.

En canto ás visitas virtuais, serán posibles grazas ao uso de ROVS (drons submarinos controlados por operador) capaces de transmitir en tempo real imaxes do fondo do mar que van captando ao longo do seu percorrido, polo que permite que calquera persoa poida achegarse desde terra firme e de forma minimamente invasiva ás paisaxes e biodiversidade dos fondos mariños das Illas Atlánticas.

A iniciativa, que recibiu este ano unha das axudas da Xunta para actividades na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional financiadas con fondos Next Generation, está deseñada pola cooperativa galega 13 graos, especializada en educación ambiental para a divulgación do medio mariño e que se encargará de dirixir a actividade.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.