“A vergoña dos que din ser máis españois ca ninguén” – Antón Luaces

09 Xullo 2025

Un partido político que quere gobernar España -con ou sen a participación do PP no Goberno- percura convencer á cidadanía de que o mellor para acadar este obxectivo é a expulsión de España de oito millóns de migrantes “ilegais”. 

A proposición parte de Vox, que aposta por ese “proceso” porque hai, dixo a deputada Rocío de Meer (un apelido nada español, por certo), “algo máis importante que preservar e que amais temos o dereito a querer sobrevivir coma pobo”: preservar a identidade española”, dixo tamén a parlamentaria ultradereitista.

Segundo Vox, se nos anos 90 a porcentaxe de poboación en España era de entre o 1 e o 2%, na actualidade “estamos a asistir a millóns e millóns de persoas que viñeron desde os anos 90 ata o de agora alentados polo bipartidismo”. 

Para Vox, as fronteiras españolas “están abertas” e, polo tanto, afirmou a parlamentaria, entre 7 e 8 dos 47 millóns de habitantes que ten España viñeron de distintos países “en moi curto período de tempo”.  

Para de Meer é “extraordinariamente difícil” que todas esas persoas  poidan “adaptarse” ao que Vox coida coma “usos e costumes” españolas: a nosa sociedade está a mudar (ao seu xuízo), as nosas rúas en moitas ocasións non son españolas e resulta necesario un “proceso” de deportación “masiva” de persoas migrantes para “preservar a identidade española”. 

Segundo os cálculos de Vox, no noso país hai máis ou menos 7 ou 8 millóns de persoas procedentes doutras nacións (cifra desmentida oficialmente). Pero non se fai mención aos milleiros de españois (nomeadamente galegos, canarios e andaluces) migrantes -legais ou ilegais- que entre os séculos XIX e XX asentaron en Latinoamérica, USA, Suiza, Alemaña, Inglaterra, Bélxica, etc., disputando os postos de traballo que poderían ocupar os nacionais.

Isto non interesa mencionalo.

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.