A Sala do C.C. Lustres Rivas acolle a exposición “Antoloxía Debuxada III” no marco de “Lecer na Ribeira”

12 Xullo 2025

Onte celebrouse o acto inaugural da exposición “Antoloxía Debuxada III” na sala do Centro Cultural Lustres Rivas, dentro da programación cultural “Lecer na Ribeira” promovida polo Concello. A mostra reúne o traballo de seis artistas locais: Maralla, Antonio Pérez, Xoán Fernández, Teresa Ramallo, Uxía Fernández e Xerardo Crusat, ofrecendo un total de 60 pezas con estilos e temáticas variadas unidas polo fío condutor do debuxo.

O acto contou coas intervencións do xestor cultural municipal Unai González Suárez, da Concelleira de Cultura, Antía Alberte Maneiro, e dos artistas Teresa Ramallo e Antonio Pérez, que compartiron reflexións sobre a mostra e o proceso creativo. O evento pechouse cun momento musical moi especial a cargo de Uxía Fernández, quen interpretou unha peza tradicional cantando e tocando a lata, que emocionou ao público asistente.

Máis dun cento de persoas asistiron ao acto, arroupando aos artistas nun ambiente de cercanía e recoñecemento. Todos os presentes recibiron un catálogo da exposición, editado pola Área de Cultura do Concello de Ribeira, como recordo desta antoloxía.

A exposición poderá visitarse ata o 30 de agosto, con entrada gratuíta, en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 h e os sábados de 12:00 a 14:00 h.

Unha oportunidade única para coñecer o talento artístico local e desfrutar da riqueza creativa da comarca.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.