A Pobra do Caramiñal acolle unha nova edición do sorteo da campaña “Merca no teu Comercio”

09 Xullo 2025

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou esta mañá no sorteo da campaña Merca no teu Comercio, celebrada no municipio da Pobra do Caramiñal e tamén en Porto do Son. Esta iniciativa, impulsada pola Xunta de Galicia en colaboración coa Federación Galega de Comercio, busca apoiar a innovación e a revitalización do comercio de proximidade en Galicia.

A campaña está a desenvolverse de xeito itinerante nas catro provincias galegas, con accións quincenais que culminarán con sorteos periódicos ata o vindeiro 31 de outubro. Os consumidores poden rexistrar as súas compras a través da páxina web da campaña ou directamente nos establecementos participantes, o que duplica as opcións de participación. Nesta edición, sorteáronse 20 tarxetas prepago de 50 euros, canxeables ata o 31 de decembro de 2025 nos comercios locais adheridos.

A iniciativa xa celebrou sorteos nos concellos de Taboada (Lugo) e no barrio do Couto (Ourense). O próximo terá lugar o venres 11 de xullo no municipio pontevedrés de Mos, onde se dará a coñecer aos novos premiados.

A través deste tipo de accións, a Xunta reafirma o seu compromiso co impulso do tecido comercial local, promovendo o consumo nos establecementos de proximidade e dinamizando a economía dos concellos galegos.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...