Este xoves 3 de xullo ás 12 continúan ás concentracións a prol de máis persoal sanitario no Centro de Saúde de Ribeira e o venres reinícianse as concentracións no Centro de Saúde de Aguiño ás 11:30 horas
As dúas concentracións serán convocadas pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza.
O incansábel labor reivindicativo da Plataforma denuncia a falta de persoal médico en Ribeira, Aguiño e na comarca, e as precarias condicións nas que os profesionais sanitarios desenvolven o seu traballo, situación que, segundo sinalan, repercute negativamente na atención especializada e satura os servizos de urxencias, co agravante de que vimos de comezar a tempada de verán que é a de meirande afluencia de turistas. Esixen á Xunta que “cubra de inmediato todas as prazas de persoal médico en Ribeira e Aguiño, alertando do colapso do sistema sanitario na zona”.




