“A memoria dos falares”. Luís Celeiro

26 Xullo 2025

Na prensa aparecía recentemente unha nova relacionada co Nomenclátor de Galicia, para
que todos saibamos que a Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia aprobou a proposta
de revisión, corrección e actualización do mesmo. Se vai adiante esta proposta,
incrementaranse de 41.409 a 42.909 os topónimos rexistrados.
Segundo sinala Antón Santamarina, o coordinador do Seminario de Onomástica da Real
Academia Galega, este incremento de nomes de concellos, parroquias e lugares, prodúcese
pola incorporación de novas entidades de poboación e, maioritariamente, por incorporar
aldeas con moi poucos habitantes (unhas 1.100), non contempladas polo Instituto Nacional
de Estadística (INE).
Neste traballo participaron aportando información os concellos, o Instituto de Estudos do
Territorio e as persoas que colaboran con Galicia Nomeada, “o proxecto da Academia e a
Xunta para a xeolocalización de microtopónimos que designan leiras, montes ou veigas”.
Galicia, cunha extensión que se achega aos trinta mil quilómetros cadrados, ten unha
riqueza na súa toponimia verdadeiramente inigualable. Cunha superficie do seis por cento
da superficie de todo o estado, ten un terzo das entidades de poboación, máis de trinta e
oito mil. Os expertos, cando se refiren á toponimia menor ou microtoponimia, din que
temos máis de dous millóns de “topónimos vivos na memoria dos galegos e galegas”, moitos
deles en risco de desaparición.
Despois do inxente traballo dos técnicos e científicos, e unha vez aprobado pola Xunta de
Galicia, o Nomenclátor quedará composto por un total de 42.909 nomes (313 concellos,
3.788 parroquias e 38.808 aldeas). Hai cambio de nome oficial en 2.335 entidades ou
asentamentos de poboación e en 182 freguesías galegas, que noventa e cinco cambiarán no
seu nome, setenta, na advocación e as outras dezasete, nos dous elementos.
Os estudosos e académicos tamén se achegan ao mar e prestan atención a aqueles nomes
empregados polas mariscadoras e mariñeiros que querían marcar as parcelas, as leiras do
mar; para darlle un nome propio ao espazo marítimo e traballar cada un no seu.
A Tía Manuela, sabedora de onde veñen, aplaude estes cambios, convencida de que serán
para ben e respectuosos co falar e a memoria dos falares, aínda que lle gusta máis comer o
pulpo que o polbo.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.