A Deputación presenta o ciclo de teatro “Pegadas de Castelao” que chega a 10 concellos da provincia

18 Xullo 2025

A área de lingua da Deputación presentou esta mañá en San Sandurniño o ciclo de teatro Pegadas de Castelao, que chegará a 10 concellos da provincia da man da compañía Migallas Teatro ata final de ano. Unha actividade que forma parte da programación do Ano Castelao da entidade provincial co que se celebra o 75 cabodano do ilustre rianxeiro. Así o anuncio a deputada de lingua, Sol Agra, acompañada do alcalde de San Sadurniño, Secundino García nunha presentación na que tamén estivo a deputada provincial Cristina García Rey, a concelleira de cultura, Araceli Bellas e o concelleiro de obras, Manolo Beceiro.

A deputada Sol Agra declarou que “o espectáculo Pegadas de Castelao, a quere amosar as profundas pegadas que deixou o escritor de Rianxo na historia e na cultura de Galicia así como avivar o interese por afondar no coñecemento da súa vida, da súa obra e do seu pensamento. Castelao é unha referencia ideolóxica para o futuro do país e queremos achegalo á rapazada dun xeito lúdico e ameno, sen deixar por iso de ser rigorosos na divulgación de todas as súas facetas, porque, como el dixo, todo os seus debuxos e escritos respondían ao seu empeño de converter os soños en realidades e as ideas en feitos, para conseguir un país con igualdade, xustiza social e soberanía”.

Trala estrea de hoxe en San Sadurniño, o espectáculo de Migallas Teatro estará en Dumbría o 24 de xullo; en Corcubión o 30 de agosto; en Val do Dubra o 22 de setembro; en Sobrado o 24 de setembro; en Mesía o 3 de outubro; en Cerdido o 4 de outubro; en Zas o 24 de outubro; en Mazaricos o 2 de novembro e en Vilamaior o 28 de novembro.

Pegadas de Castelao é un espectáculo de Migallas Teatro dirixido a todos os públicos a partir de 6 anos que ten como obxectivo a difusión da figura e da obra de Castelao en todas as súas facetas: escritor, político, artista, promotor cultural etc. dunha forma amena e divertida. Para lograr este obxectivo, combínanse diferentes técnicas dramáticas: monicreques de silueta, de luva e cabezudos inspirados nos debuxos e relatos de Castelao, teatro de actor, pantomima, cantar de cego etc., todo acompañado por música en directo e cantigas populares vinculadas á súa vida e obra.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...