A axenda Verán en Rois vén cargada de propostas culturais, deportivas e festivas

01 Xullo 2025

O Concello de Rois presentou unha completa programación cultural e deportiva para os meses de xullo e agosto: a axenda Verán en Rois, unha proposta pensada para todos os públicos, que levará actividades a diferentes parroquias do municipio e combinará tradición, lecer e dinamización lingüística.

As iniciativas inclúense en programas como Cultura no Camiño e FalaRedes, promovidos pola Xunta de Galicia (Secretaría Xeral da Lingua), e tamén no programa municipal Cultura Dispersa, co que o Concello apoia as festas parroquiais.

O calendario arrinca o sábado 5 de xullo coa décimo sétima edición da Andaina por parellas, organizada polo Concello en colaboración co colectivo Remonte. A saída será ás sete e media da tarde desde o polideportivo de Rois, que será tamén o punto de chegada.

Xa o martes 8, ás doce do mediodía no auditorio municipal, comezará a programación cultural cunha proposta musical a cargo de Verónica Santalices, que presenta O Rianxeiro dentro do programa FalaRedes. Trátase dunha viaxe sonora que achega a figura de Castelao ao público máis novo a través de cancións tradicionais galegas.

A música e o humor para todos os públicos chegarán o venres 11 con dobre cita de Cultura no Camiño: ás doce do mediodía, o campo da festa de Rois acollerá Peque disco Moc Moc, un espectáculo de Mere Clown cheo de ritmos, luces e interacción co público; e á mesma hora, no campo da festa de Urdilde, María Faltri porase aos mandos como picadiscos para facer bailar á cativada ao son da música infantil en galego.

Na mañá do martes 15, tamén ás doce, o campo da festa de Urdilde converterase nunha zona de obras da man de Brais das Hortas, que combina narracións orais, instrumentos feitos con obxectos e a participación activa do público. A actividade está incluída no programa Cultura no Camiño.

O venres 18, a parroquia de Ribasar será escenario da alborada, misa e sesión vermú coa Charanga Os Celtas, nunha proposta enmarcada en Cultura Dispersa. Esa mesma mañá, no campo da festa de Rois, Os Quinquilláns representarán a peza de teatro de rúa Por que é salgada a auga do mar?, unha divertida mestura de ciencia e lenda incluída tamén en Cultura no Camiño. O sábado 19 pola noite será a quenda para a música de verbena, coa disco móbil Chocolate animando a parroquia de Herbogo, dentro de Cultura Dispersa.

A última semana de xullo traerá novas propostas familiares: o xoves 24, Luis Vallecillo achegará Selkie: A lenda do mar do Norte, un espectáculo con monicreques e música que convida a coidar o medio mariño. Será ás doce no campo da festa de Rois, como tamén o será Novas Tolemaxias, do Mago Teto, que pechará o mes o xoves 31 con ilusionismo e humor, tamén dentro de Cultura no Camiño.

En agosto, o deporte será protagonista o sábado día 2, co XIX Torneo Interparroquial de fútbol 7 no campo da Braña. A música volverá o domingo 3 a Augasantas coa alborada a cargo de Os Jaitas Blues, dentro de Cultura Dispersa.

A programación de Cultura no Camiño continuará o venres 8 coa representación de A Corva, a cargo da compañía A Cova das Letras, que actuará ás doce no campo da festa de Rois. Xa o xoves 14, Miguel Guido presentará O lobo feliz no campo da festa de Urdilde, tamén ás doce, cun contacontos musicado que ofrece unha nova visión sobre os lobos.

As verbenas de Cultura Dispersa regresarán o venres 15, coa disco móbil Chocolate en Leroño, e continuarán o sábado 16 coa sesión vermú do Dúo Stylo en Urdilde, e o domingo 17 cos Xeitosos de Trazo animando a sesión vermú en Oín.

A programación pecharase o venres 22 de agosto co espectáculo de narración oral Un saco de contos, no que a artista Ángela Goás irá sacando historias dun saco máxico. A cita será ás doce do mediodía no campo da festa de Rois, tamén dentro do programa Cultura no Camiño.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...