A axenda cultura e festeira de Rianxo inclúe as novas edicións da Feira do Libro, de Noites de Jazz e da Festa da Xouba, amais da proxección de “Antes de Nós”

03 Xullo 2025

O Concello de Rianxo presentou as primeiras confirmacións da súa axenda festiva e cultural para estes meses de verán, unha axenda que se irá amplificando os vindeiros días a medida que se vaian concretando máis propostas e que inclúe concertos (nova edición do Festival Noites de Jazz), visitas turísticas guiadas, a tradicional Feira do Libro, exaltacións gastronómicas (a Festa da Xouba) e a proxección de Antes de Nós, a película de Ángeles Huerta que nos achega á vertente máis humana e persoal dun ilustre veciño de Rianxo: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Axenda confirmada

-Ao longo dos meses de agosto haberá un ciclo de visitas guiadas por diferentes recursos turísticos do municipio rianxeiro. Ademais, todos os xoves ás 9:30 horas, dende o 3 de xullo ao 28 de agosto, haberá visitas guiadas ao casco antigo da vila.

-Do 24 ao 27 de xullo o Campo de Arriba acollerá unha nova edición da Feira do Libro de Rianxo.

-Entre o 22 e o 27 de xullo teremos unha nova edición da Festa da Xouba de Rianxo. Están previstas visitas guiadas, concertos, mesas redondas e degustacións para festexar o noso produto estrela.

-Entre o 29 de xullo e o 1 de agosto residentes e visitantes volverán vibrar cunha nova edición do Festival Noites de Jazz 2025 do Concello de Rianxo.

-O 23 de agosto haberá dous pases da película Antes de nós, o filme de Ángeles Huerta sobre a vida de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Producido por Zenit TV, é un dos grandes éxitos actuais (de público e de crítica) do cinema galego, xunto con Sirat de Óliver Laxe. Ofrece un retrato íntimo do célebre artista, escritor e político rianxeiro e está protagonizado por Xoan Fórneas, Cris Iglesias, Nancho Novo e Miguel Insua.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.