Xuízo rápido para dous condutores que superaron a taxa de alcol ao volante en Ribeira

04 Xuño 2025

A pasada fin de semana a Policía Local de Ribeira citou a dous condutores para comparecer na celebración de cadanseu xuízo rápido como investigados pola autoría de dous delitos contra a seguridade viaria, ao superar a taxa de alcol en aire expirado de 0,60 mg/l. Os xuízos celebráronse este martes 3 de xuño, segundo confirmaron os axentes.

Nos controis realizados, os axentes tamén tramitaron dúas denuncias por infraccións administrativas ao circular estes condutores con taxas superiores ás permitidas, sen chegar á infracción penal, xunto cunha terceira denuncia por conducir manipulando coas mans o teléfono móbil, infracción que leva aparellada a retirada de 6 puntos do permiso de conducir, recordaron.

A Policía de Ribeira engadiu que estas 4 denuncias súmanse a outras dúas tramitadas a fin de semana anterior, por conduciren os denunciados tras incorporar ao organismo drogas tóxicas, totalizando 6 denuncias: 4 administrativas e 2 penais nunha semana, relacionadas co consumo do alcol ou as drogas.

Por outra banda, a Policía Local destacou e recoñeceu o traballo despregado e a colaboración dos xerentes dos locais adicados ao lecer nocturno en Santa Uxía, que están a cumprir escrupulosamente cos seus horarios de peche, “pois somos sabedores de que non sempre é doado acadar o desaloxo da clientela en tempo; clientes que deben adaptar os seus hábitos en canto ao lecer nocturno á orde do 23 de outubro de 2020 de horarios da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.