Xoves 5, xornada de ceos cubertos e chuvascos febles polo paso dunha fronte cálida

04 Xuño 2025

Unha fronte cálida rozará este xoves o noroeste de Galicia, deixando a súa pegada tamén nas Rías Baixas. A chegada deste sistema frontal traerá ceos moi nubrados e precipitacións febles, especialmente probables na metade oeste, que inclúe boa parte da costa das provincias de Pontevedra e A Coruña.

A presenza de nubes será constante ao longo do día, sen descartar orballos intermitentes naa comarcas do Barbanza, O Salnés, O Morrazo ou o Baixo Miño. Aínda así, non se agardan acumulacións de auga significativas.

No tocante ás temperaturas, as mínimas sufrirán un lixeiro descenso, deixando madrugadas algo máis frescas, mentres que as máximas se manterán sen grandes cambios, con valores suaves e propios desta época do ano.

O vento soprará do suroeste, en xeral frouxo no interior, pero con intensidade moderada na costa. Espéranse refachos fortes en puntos máis expostos como o cabo Bares, aínda que nas Rías Baixas a situación será máis tranquila, con ventos constantes pero sen alcanzar niveis de alerta.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sur á mañá, do sudoeste á tarde e do sur á noite, forza 3 a 4 á mañá, 2 a 3 á tarde e 1 a 2 á noite. Marusía á mañá, mar ovellado á tarde e mar rizado á noite. Visibilidade mala á mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2 metros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.