“Unha azuela para facer un carpinteiro de ribeira” – Antón Luaces

21 Xuño 2025

Como xa informou este xornal, Ribeira acubillará unha vez máis ás numerosas embarcacións participantes no Encontro de Embarcacións Tradicionais (que neste ano acada a súa XVII edición). Será entre o 17 e o 20 de xullo, con conferencias, coloquios, exposicións, publicacións, música e danzas tradicionais, actos culturais e de lecer, que a todos permitirán lembrar ou coñecer un sistema de navegación que foi medio de vida que, aínda que a día de hoxe non se practica en exceso, siforma parte dunha tradición que non pode nen debe ser esquecida. Tanto polo que a navegar atinxe como polo que ao oficio de carpinteiro de ribeira corresponde.

As que virán a Santa Uxía de Ribeira serán as tradicionais dornas (de diverso tipo) propias das Rías Baxas, aos galeóns, traiñeiras, gamelas, etc. típicos de Galicia, Portugal, Irlanda, Francia, Euskadi, Catalunya, Andalucía ou as Illes Balears.

Non será esta a primeira vez que Ribeira a os ribeirenses comparten experiencias neste senso, non obstante teren compartidos séculos de navegación a remo e vela, así como a tradicional carpintaría de ribeira, especialmente abundante na costa galega ou nas do Mediterráneo e o Cantábrico, ao igual que en Portugal, Francia, etc.

Se ben é  certo que hoxe non se practica, o oficio de carpintaría de ribeira acada novos folgos grazas, en boa medida, a eventos coma o que Ribeira vai vivir ese catro días do vindeiro mes de xullo.

A construción e reparación artesanal de embarcacións de madeira coma as citadas teñen en común -entre outras cousas.- o uso da azuela, unha ferramenta que coñecín persoalmente na carpintaría de ribeira de Feás (Cariño), onde ao igual ca en Ribeira (estaleiro de Saavedra), Rianxo, Boiro, Outes, se construiron fernosísimas e moi mariñeiras embarcacións de madeira. Esta ferramenta, moi manexábel, empregábase para desbastar a madeira (nomeadamente de carballo) empregada nas partes máis castigadas polo mar. A azuela componse dunha prancha de ferro aceirada e cortante, de dez a doce centímetros de anchura e un mango curto de madeira que forma recodo que é moi doado usar, motivo polo que debe estar perfectamente afiada.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.