“Un cimeterio nuclear a 450 quilómetros da costa galega”. Antón Luaces

30 Xuño 2025

A Foxa Atlántica, situada a 450 quilómetros da costa galega e zona frecuentada pola frota pesqueira desta comunidade autónoma saltou á actualidade cando o pesqueiro ribeirense “Xurelo” se fixo ao mar cun grupo de políticos, xornalistas e medioambientalistas coa pretensión de localizaren o puntio de vertido de material radiactivo que se guindaba ao mar desde distintos cargueiros e por mandado de empresas de oito países distintos dunha Comunidade Económica Europea da que aínda non formaba parte España. 

Unha Foxa Atlántica que, baixo este pomposo nome, ocultaba unha perigosa realidade: un cimeterio nuclear con 250.000 bidóns cheos de resíduos radiactivos depositados no lugar por encarga de oito países comunitarios carentes dun sistema legal de vertido deses produtos, coñecedores de que España non exercía ningún tipo de control sobre esas augas que, sen teren recoñecemento ou catácter nacional, sí eran -e son- da súa responsabilidade internacional.

Estímase que, deste xeito, oito países guindaron ao Atlántico non menos de 140.000 toneladas de lixo nuclear no período de tempo que media entre os anos 1949 e 1982. Coma quen dí, depositados no fundo mariño sen o máis mínimo control previo nen posterior aos vertidos. E sumados a estes viñeron outros, estes nacionais, levados a cabo por buques españois e con resíduos militares: en concreto de munición de distinto tipo e calibre e sen que ningún organismo nacional ou internacional, se responsabilizara do feito nen, moito menos, das previsibles consecuencias. 

Desde aqueles vertidos, nin España nin a UE exerceron control algún sobre o estado no que se atopan os bidóns e, menos aínda, a súa perigosa carga, ignorándose o estado actual dos bidóns e, obviamente, o da súa carga.

Agora rexurde o problema debido á presencia na área dunha misión científica que  avalía a situación actual dos vertidos case medio século despois de realizados. Dubido moito sobre o valor que pode ter preguntarse hikxe en día sobre o que estaremos a comer procedente da Foxa Atlántica ou as súas proximidades.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.