“Tapas, tapas” – Xulio Xiz

18 Xuño 2025

Quen lle ía dicir a Alfredo Sanchez Carro cando creou hai máis de medio século o de E para comer, Lugo, o percorrido que tería aquela proclama. Porque a idea do entón delegado de Información e Turismo agora é para Lugo unha bandeira, vital recurso turístico; motor de movemento continuo.

Que o alcalde pida que os hosteleiros manteñan as tapas durante o Arde Lucus é como suxerirlles que non se esquezan de abrir as portas para que entren os clientes. Sospeitamos que nas festas ás veces nos cobran a ollo ou soben os prezos, pero todo se soporta con tal de que as tapas – que tanta sona dan a Lugo – cumpran a súa función. Non se trata das tres tapas de La Nuez ou das racións do Milano (que, nisto, A Milagrosa, é un reino á parte), pero si das hamburguesiñas da Oficina, os bocadiños do Centro, ou da tenreira do 5 Vigas, e así ata o infinito.

Hai moitos anos en Lugo había bares que se prezaban de non dar tapas, ou liquidaban o tema cun par de olivas. Hoxe xogamos na primeira división da gastronomía nacional, e por onde queira que vaiamos, as tapas de Lugo teñen sona por calidade e cantidade. Ou moito me equivoco, ou calquera empresario de hostalería sabe que se pecha a billa das tapas é como apagar a luz no seu establecemento nunha das mellores ocasións do ano.

Está ben que o Alcalde recorde os principios básicos da convivencia, os camiños a seguir, e ata os mellores xeitos de facer patria lucense, pero o das tapas non fai falla, que todos sabemos – e os establecementos turísticos mellor ca ninguén – que o bo comer de Lugo é unha verdade absoluta en calquera momento do ano e, xa que logo, nas festas.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.