TahumeX acada un novo fito en formación con seis alumnas graduadas na ESO

24 Xuño 2025

A semana pasada foi unha semana decisiva para o alumnado que se forma no Obradoiro de Emprego Tahume (edición X), impulsado polos Concellos de Porto do Son e Ribeira. Segundo confirmaron, das 5 persoas que se presentaron ás probas da ESA (Educación Secundaria para Adultos) no IES San Clemente de Santiago, catro conseguiron sacar o título da ESO, o que sumados aos outros dous éxitos da convocatoria de abril, dá un total de 6 alumnas que lograron o seu certificado. Dende a organización de Tahume quixeron felicitar polo seu labor á titora do programa, Asun Piñeiro, “que cada ano logra sacar o mellor do alumnado, unha mostra máis do bo funcionamento dos nosos obradoiros de emprego”.

Lembrar tamén, no capítulo de fitos formativos, que o venres 20 de xuño as e os participantes en TahumeX tiveron a derradeira sesión formativa con colaboradores externos: unha charla para as dúas especialidades do programa impartida Elsa, técnica do PEFC (a certificación forestal que promove a xestión sostíbel dos bosques). A través desta sesión puideron descubrir a gran cantidade de bosques galegos que xa teñen esta certificación e foron agasallados cun caderno e un lapis que contan coa garantía de este selo.

Como lembraremos, Tahume é unha iniciativa dos Concellos de Porto do Son e Ribeira para impulsar o inserción laboral na contorna destes municipios do Barbanza. Inclúe nesta edición as especialidades de Actividades Auxiliares en Conservación e Mellora de Montes e Traballos de Carpintería e Moble. Este obradoiro laboral é un programa mixto de formación e emprego dirixido a mellorar a ocupabilidade e empregabilidade das persoas que actualmente están paradas, e que está subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, con dez alumnos de cada unha desas localidades. Ademais, como incentivo, a Xunta de Galicia realiza unha achega de 30.000 euros para fomentar a empresas que contraten a persoas formadas neste obradoiro.

Ademais da formación específica de carpintería e forestal, o alumnado recibe formación en competencias dixitais, igualdade, medio ambiente, orientación laboral ou autoemprego, entre outras. Por outro lado, o alumnado participante que non estea en posesión da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) recibirá formación específica para a súa preparación e obtención.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.