Sobresido o procedemento xudicial iniciado pola Policía Local de Rianxo contra Marcos Maceira e Sara Seco

06 Xuño 2025

A xuíza de Padrón sobreseu o procedemento xudicial iniciado pola Policía de Rianxo contra o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, e a tiktoker Sara Seco polo seu apoio público ao cidadán da localidade que foi denunciado tras reclamar ser atendido en galego durante a pandemia.

A entidade pola defensa da lingua considera que “esta denuncia da Policía Local de Rianxo atenta contra a liberdade de expresión e contra os dereitos lingüísticos da poboación galega e ten a vontade última de intimidar e amedrentar a quen ouse pór en evidencia as actitudes hostís á lingua galega”.

“Esa actitude ficou clara no proceso xudicial contra o cidadán que reclamou o seu dereito á atención en galego”, afirman, “e agora denunciando destacados membros da Mesa por reproduciren a literalidade dun atestado policial e dunha resolución sancionadora da Subdelegación do Goberno na Coruña”. Neste sentido, A Mesa reafirmou a súa vontade de continuar a defender os dereitos de todas as persoas que queren vivir en galego.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.