Santa María do Castro (Cabo de Cruz) achega catro días de celebracións polo San Xoán

23 Xuño 2025

Esta semana Santa María do Castro (Cabo de Cruz, Boiro) vai celebrar as súas Festas de San Xoán edición 2025: catro días de celebracións (23, 24, 25 e 26 de xuño) que inclúen actividades culturais e relixiosas para todas as idades. Sen dúbida unha das xornadas destacadas será este luns 23 de xuño, o San Xoán Fest, que vén con actuacións de DJ Matrek, Places, Manu X, Goxi de Bao e Mateo F.

Ao día seguinte, martes 24 de xuño (festivo local en Boiro) celebrarase a Romaría de San Xoán, que comezará ás 12.45 cunha misa solemne e coa procesión polo Santísimo Sacramento. Ás 14.00 horas haberá sesión vermú con Arume e Dúo Explosión e a continuación celebrarase o xantar campestre con barra postos de polbo, churrasco e paella.

Ás 17.00 horas do martes celebrarase o festival infantil, que inclúe tobogán de auga, búfalo mecánico e canón de escuma.

O mércores 25 de xuño haberá ás 12.45 horas unha misa solemne e unha procesión pola Virxe de Lourdes con gaiteiros (Os Pequenos do Barbansa).

O xoves 26 de xuño haberá misa solemne ás 12.45 horas e procesión por San Roque cos gaiteiros (Os Pequenos do Barbansa).

Outros artigos

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Del veraneo a las vacaciones”. Javier García Sánchez

“Del veraneo a las vacaciones”. Javier García Sánchez

En mis recuerdos está más que presente el modo conel que se nos premiaba al final del curso escolar yque todos conocíamos como veranear. Eran variosmeses de veraneo de infancia y juventud quediscurrían en una de las playas más emblemáticas.En mi caso la que se conocía...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.