Ribeira presenta “Camiño Mudo”, unha pioneira experiencia de cinema nas praias do municipio

12 Xuño 2025

A Concellería de Turismo de Ribeira presentou os detalles de Camiño Mudo, unha innovadora actividade turística e cultural que combina cinema, natureza e arte, en liña coa estratexia turística da Concellería orientada a “promover valores como o respecto ao medio ambiente, a posta en valor do territorio e o desenvolvemento local equilibrado”.

Na rolda cos medios participaron o concelleiro de Turismo, Francisco Suárez-Puerta e o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes, que sinalaron que “esta iniciativa busca transformar as praias de Ribeira en escenarios simbólicos onde a memoria, a natureza e a creatividade se mesturan”.

Durante o verán, Camiño Mudo ofrecerá proxeccións de películas míticas en seis das principais praias do municipio, “permitindo ao público asistente gozar dunha experiencia cinematográfica de tarde-noite, en contornas abertas, accesibles e cargadas de beleza natural”, sinalaron.

A proposta, engadiron, “combina o atractivo natural das praias coa maxia do cinema, ampliando a oferta turística existente e diversificando o perfil do público visitante”.

A primeira proxección será o 28 de xuño na illa de Sálvora, a partir das 21:30 horas na praia do Almacén. Nesta ocasión, proxectarase a película O neno de Charles Chaplin. Debido ás limitacións do transporte, hai dispoñíbeis un total de 46 prazas e a idade mínima para participar nesta proxección en Sálvora é a partir dos 18 anos.

O resto de proxeccións non teñen límite de idade.

As seguintes datas e proxeccións serán o 5 de xullo na praia dos Mosqueiros (Castiñeiras): Nosferatu do director Friedrich Wilhelm Murnau; o 26 de xullo na praia da Ladeira (Corrubedo) será a quenda de Metrópolis de Fritz Lang; en Area Basta (Aguiño) proxectarase o 30 de agosto Sherlock Jr. de Buster Keaton; e o 6 de setembro na praia de Supinal (Palmeira) O home mosca de Fred C. Newmeyer.

As proxeccións rematarán o 20 de setembro na praia de Area Secada (Ribeira) co clásico Acorazado Potemkin de Serguéi Eisenstein.

O concelleiro de Mar resaltou “que vai ser unha experiencia única o de ver cinema mudo escoitando o son do mar como banda sonora nas nosas fermosas praias”.

Suarez-Puerta indicou que as películas están libres de dereitos de autor “xa teñen todas máis de cen anos”.

Camiño Mudo, indicaron, “representa unha aposta por unha oferta innovadora de turismo cultural que respecta e realza o patrimonio natural de Ribeira, poñendo en valor o seu litoral como escenario de experiencias únicas e sostíbeis”.

A Concellería de Turismo de Ribeira convida á veciñanza e visitantes a participar nesta iniciativa que combina cultura, natureza e comunidade, enriquecendo a oferta turística do municipio e promovendo un turismo responsábel e respectuoso coa contorna.

Inscricións: OMIT (Oficina Municipal de Turismo de Ribeira situada no porto de Ribeira), no 981 87 30 07, e tamén no correo turismo@ribeira.gal ou polas redes sociais de turismo.

Outros artigos

O Pleno de Noia reproba ao alcalde pola xestión da Praza de Abastos

O Pleno do Concello de Noia aprobou unha nova reprobación ao alcalde Santiago Freire. A moción, impulsada de forma conxunta pola oposición —PSdeG-Noia, Marea Cidadá de Noia, BNG e o concelleiro non adscrito—, contou incluso co apoio de NO.I.A (Noieses Independentes...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Coñecían os andares”. Luís Celeiro

“Coñecían os andares”. Luís Celeiro

Se contaran e anotaran os roubos sacrílegos perpetrados nos últimos séculos deberíanposuír unha extensa libreta de dimensións considerables, tan grandes como a listaxe dosnomes, dos topónimos e dos obxectos. E, quen rouba ou para quen rouba? Hai quen roubao perdón, o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.